O noso

23.1.06

CiNe

Imos falarvos un pouco das películas que están de moda. Comentámosvos as críticas, os detalles da película, os actores, noticias, etc...

ApOcAlYpTo

Existen culturas que resultan tremendamente seductoras polos seus legados históricos, os seus aportes lendarios e polo enigma que as envolve: Os exipcios, os mesopotámicos, os chineses, os hindús, os gregos, os maias...
Atreverse a filmar unha película sobre eles, require moita intelixencia ou
moita estupidez, xa que a alteración de datos históricos neste tipo de civilizacións pode dar ao traste con toda a produción, gañándose o rexeitamento da taquilla e o duro reclamo da crítica.
A sabendas disto, Mel Gibson lanzouse ao ruedo e decidiu realizar unha historia situada na antig
a civilización maia, que se estendeu polo sureste de México, parte de Guatemala e Honduras, entre os séculos III e XV. Os maias non constituían un estado unificado, senón que se organizaban en varias cidades-estados independentes entre si que controlaban un territorio máis ou menos amplo. Xerarquizados como a cultura máis avanzada de toda América no seu momento, o seu pensamento abstracto, ao manipularen xa o concepto "cero" que permite elaborar operacións alxebráicas complexas.
É unha historia épica de individuos mesoamericanos, e de acción e aventura, e non podemos dicir completamente do que se trata a historia porque será unha sorpresa. A película está rodada en dialecto maia.
herdo foi enorme en astronomía, matemáticas, etc. De feito dise que eles e os hindús eran os únicos pobos que manexaban.

Tamén vos mostramos algunhas das películas que nós gustan:

Rocky Balboa
Night At The Museum (Noite No Museo)
Babel
Blood Diamond ( Diamante De Sangue)
Eragon


Estos son os novos estreos:

Cerdos Salvajes, con un par de ruedas
300
La cosecha
Spiderman 3
El retorno de los malditos (las colinas tienen ojos II)
Piratas del caribe: en el fin del mundo
Ocean's thirteen


9.1.06

Inicio ao Audiovisual

Esta é unha das actividades que estivemos facendo no noso instituto cos alumnos de 1º da ESO. Consistía nunha introdución aos medios audivisuais, esta actividade durou 7 sesións. Aprendemos os tipos de planos e tamén vimos como foi a rodaxe de Mar Adentro. Esta actividade ensinounos ademais do xa mencionado, a relacionarnos con alumnos de menor idade.

Aquí podedes ver unha foto da actividade. Neste link mais.


1.1.06

House

Esta serie narra os peculiares métodos que emprega un médico cos seus pacientes.

A serie rompe barreiras e acércase á medicina sen medo nin complexos, a través da figura do seu protagonista principal, o doctor Gregory House, especialista no tratamento de enfermidades infecciosas. Fisicamente moi peculiar, un home atractivo, entrado na cuarentena, afectado por unha coxeira e con un carácter bastante solitario –de feito, se pode, evita falar cos seus pacientes, ós que observa sen ser visto-. El cre que debe curar as enfermidades, non os pacientes.
A serie bótana na cadea cuatro os martes ás 22:00 h, nós recomendámosvos que a vexades, xa veredes como vos gusta.