O noso

5.12.06

Basket




Tamén nos gustan os deportes principalmente, o baloncesto. Os nosos xogadores favoritos son: Allen Iverson, Vince Carter, Kobe Bryant, etc...

Poñémosvos un enlace para que poidades ver un vídeo da película "Unha pandilla de altura" onde aperecen algúns dos xogadores xa mencionados.
O nome do videoclip chámase: I Love Basketball



Allen Iverson naceu o 7 de xuño de 1975 en Hampton Virxinia é un xogador profesional de baloncesto. El é parte do equipo das estrelas da NBA







Vince Carter naceu o 23 de xaneiro, en Daytona Beach, Florida, é un xogador de baloncesto que xoga nos New Jersey Nets da NBA.






Kobe Bryant naceu o 23 de agosto de 1978, xogador estadounidense de baloncesto. A súa posición é a de escolta e xoga nos Angeles Lakers dentro da NBA.
É o home dos récords, aos seus 28 anos é o que ten a segunda marca de anotación, "soamente" 81 puntos nun partido.





Dwayne Wade é , posiblemente, aquel do que din que será o gran sustituto de Michael Jordan. É o xogador definitivo. Ten grandes aptitudes do pasado (o seu tiro a tabla) e xogadas espectaculares do presente (os seus grandes mates, as súas entradas, os seus pases, etc...).
Ademais, a súa curta idade xa posee no seu palmarés, un anel de campión da NBA, algo que ainda non conseguiron xogadores da talla de Iverson ou Mcgrady.

1Comentarios:

  • interesante página.PONED VIDEOS DE WADE!!!!! eso es lo que haceis en las clases de técnicas?

    por Anonymous Anónimo, ás 14:04  

Publicar un comentario

<< PÁxinA PriNcipAl